17.2.09

Non confíes nos alieníxenas



Nin nalgúns terrícolas, habería que completar. Pero este post non trata de ética e a vida, senón dun interesante problema. A moitos vaivos soar o tipo de razoamento lóxico que hai que facer:

En Marte hai dúas especies de alieníxenas: unha amistosa cos humanos que sempre nos di a verdade, e outra hostil connosco, que sempre nos mente. Por desgraza, os humanos non os podemos distinguir a simple vista. A última vez que fun a Marte (ás veces creo que vou a miúdo, ao entrar en certas aulas das miñas clases ...) atopei a dous marcianos, un verde e outro azul. Estaba interesado en saber de que especie era cada quen, así que pregunteille ao verde:
_Es ti un dos que sempre di a verdade?
_El dirá que si- dixo o marciano azul- pero estará a mentir.

A pregunta está clara: Quen mente e quen di a verdade?

5 comentarios:

  1. Preguntarle a uno de los dos ¿cual es el enemigo? . Los dos señalarán al bueno

    ReplyDelete
  2. Certo, iso serviría, pero nesta situación non é necesario: chega cos datos coñecidos para saber quen mente e quen di a verdade.

    ReplyDelete
  3. Mente o azul, o verde e o bo, o azul se non mentise diria que e o verde pero como minte, di que o verde minte, pero o verde non minte.

    Xa me estou liando, pero creo que e asi, o bo e que agora liome nun só comentario.

    Intenta entendelo e dime se está ben, por certo, a palabra "motocicleto" tan propia de la especie de Bieito, existe, buscaa aen calquera diccionario on-line que permita trazas dialectais e busca por Andalucía.

    Vemonos que temos 5 dias de vacacions, o xoves traballamos, o venrres co da excursión nada, e logo o outro fin de semana.

    ReplyDelete
  4. Jose: Revisa o teu razoamento. Se mente o azul, como dixo que o de verde diría que si, entón en realidade o de verde iría dicir que non. E que sentido ten que un que diga a verdade diga que non di a verdade?

    ReplyDelete
  5. O verde e o que di mentira entón cando responde a pregunta di que si
    o azul di a verdade cando nos di que o verde vai decir que si pero estará a mentir
    m.

    ReplyDelete