Onte non tiven tempo para poñer un problema (había que liscar aproveitando que non nevaba), así que hoxe, como estamos xa na fin de semana, vai un sinxeliño: só tedes que dividir o seguinte debuxo en tres figuras da mesma forma e do mesmo tamaño, recortando polas liñas.
Como vai ser complicado explicar a división sen un debuxo, é mellor que me comentedes a solución na clase o luns. O día que a Álxebra nos deixe tempo veremos como aloxar arquivos en webs especializadas, de tal xeito que podades poñer o enlace ao arquivo nos comentarios. Nada máis por hoxe, aproveitade ben o descanso.
7.2.09
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
o o m m m m
ResponderEliminaro o m m m m i
o o m i i i i
o o o i i i i
puxeno con letras por que foi imposible pegar unha taboa que tiña feita
esta ben?¿
quedaronme os ies moi pegados
ResponderEliminarEstá perfecto, Teresa. Por certo: moi boa idea a de pór letras distintas para identificar os anacos.
ResponderEliminar