12.12.11

Un problema de bólas

Para hoxe luns, tempada de avaliacións, outro problema inofensivo, dos chamados "de lóxica". A ver que vos parece:

Nunha caixa temos 13 bólas brancas e 15 bólas negras. Ademais, fóra da caixa temos 28 bólas negras máis. Eliminamos dúas bólas ao chou da caixa. Se as bólas son de diferente cor, devolvemos a branca á caixa. Se as dúas bólas son da mesma cor, eliminamos ámbalas dúas e substituímolas por unha soa bóa negra de fóra. Continuamos este proceso ata que só quede unha bóla na caixa. De que cor será?

É certamente sorprendente, a priori, que podamos saber a cor. Ata que entendemos o problema.

Editado o 14-XII: Pensaba que xa o indicara, pero non foi así. O problema non é de lóxica. É un problema puramente matemático, e hai que facer un razoamento matemático para resolvelo. Aínda que o feito de que a maquinaria matemática sexa pouco sofisticada leva a algúns a pensar na lóxica.

0 comentarios:

Post a Comment