Tealy & Orange é un xogo interesante e difícil. Non sei para que comento a segunda cualidade: sempre é necesaria para que se dea a primeira.
Só hai que ser quen de facer dúas cousas ao mesmo tempo. Só dúas cousas. Non é moito pedir, se o comparamos con F*ck this game, no que o número de tarefas que temos que realizar simultaneamente vaise incrementando cada pouco tempo. Aviso: é realmente irritante descubrir como somos de papóns.
Para compensar podemos quedar ben con nós mesmos no Brain Racer, un simple xogo de cálculo aritmético no que o noso avatar avanza máis canto mellor calculamos. Unha vez que teñamos rematado tódalas fases do xogo, poderemos enviar a nosa puntuación e ver en que lugar quedamos. Despois temos a posibilidade de repetir as fases coas puntuacións máis baixas para melloralas.
0 comentarios:
Publicar un comentario