Eclipse parcial de sol, tirado da Galeria d'imatges da Universitat de Barcelona
Vin onte o piloto do programa da ETB Escépticos. O creador, director e guionista do programa é José A. Pérez, famoso na blogosfera española por Mi mesa cojea (warning: o seu humor non é para tódolos públicos), mentres que o condutor é Luis Alfonso Gámez, coñecido polo blog Magonia, un dos máis veteranos desenmascarando a vendedores de crecepelos e conspiracións varias (un exemplo, outro).
Este programa piloto tratou sobre unha das teimas conspiranoicas propias do noso tempo, a veracidade das viaxes á Lúa das naves Apollo.
Nos comentarios de Mi mesa cojea hai varias obxecións aos argumentos, feitos non por xente que crea que o home non chegou á Lúa, senón por persoas con mentalidade científica que preferirían máis rigor científico, principalmente no experimento das sombras non paralelas. Alí mesmo vinculan a explicacións máis rigorosas. En calquera caso é unha boa nova que haxa unha televisión na que poidamos ver un programa documental de temática científico-tecnolóxica cun estilo atractivo e un ritmo actual (que moitos estamos xa cansos de ver os ñus do Serengeti).
Aínda que por aquí teñamos que velo en internet...
Nota: É certo que na 2 temos tres14, pero teño que recoñecer que ata que fun á web do programa non tiña moi claro cal era o seu horario de emisión.
0 comentarios:
Publicar un comentario