Non estou a falar das respostas risibles que dan algúns alumnos nos exames, das que xa hai unha ampla literatura, e que ademais non adoitan aparecer en Matemáticas senón en Historia ou Lingua. Non, hoxe vou falar dun exercicio-problema que puxen na repesca da 2ª parte da 3ª avaliación do venres (si, tamén había repesca da 1ª avaliación, da 2ª, e da 3ª completa). Póñovos en situación:
O mércores fixemos un repaso de cousas que poderían aparecer no exame do venres. Para que lembrasen que non tódolos problemas xeométricos (áreas e volumes, principalmente) teñen unha solución consistente en ir encadeando o Teorema de Pitágoras dun triángulo rectángulo a outro, propúxenlles resolver o seguinte problema, tirado do exame de Xeometría que puxo a compañeira que dá no outro 3º de E.S.O.:
Un trapecio ten por lados 13 m, 20 m, 19 m e 40 m, sendo os dous últimos paralelos. Calcula a súa área.
h^2=13^2-x^2 \\h^2=20^2-(21-x)^2
Igualando os valores de h:13^2-x^2=20^2-(21-x)^2 \rightarrow (21-x)^2-x^2=20^2-13^2 \rightarrow \\
21 \cdot (21-2x)=33 \cdot 7 \rightarrow 21-2x=11 \rightarrow x=5
E así:21 \cdot (21-2x)=33 \cdot 7 \rightarrow 21-2x=11 \rightarrow x=5
h=\sqrt{13^2-5^2}=12
e a área é \frac{(B+b)\cdot h}{2}=\frac{(40+19)\cdot 12}{2}=354 m^2
Agora que coñecemos os antecedentes, vexamos o problema que puxen no exame mencionado:
Atopar a área do triángulo seguinte:
6^2-x^2=8^2-(10-x)^2 \rightarrow 10(10-2x)=14\cdot 2\rightarrow x=3.6 \rightarrow h=\sqrt{6^2-3.6^2}=4.8
E a área é:\frac{10 \cdot 4.8}{2}=24
E onde está o humor en todo isto?Dúas horas despois tiñamos titoría, resolvimos o problema e pregunteilles se non vían ningunha relación entre o valor da área e as dimensións do triángulo. Unha alumna observou que coincidía co perímetro do triángulo,24=6+8+10, o cal é unha coincidencia que só sucede, neste contexto, en dous triángulos. Pero alén desa curiosidade, ninguén observou que tamén 24=6·8:2
E aí está o humor, o triángulo orixinal era rectángulo e poderían ter contestado o problema nunha liña:
E aí está o humor, o triángulo orixinal era rectángulo e poderían ter contestado o problema nunha liña:
Como
6^2+8^2=10^2
o triángulo é rectángulo e a área é A=\frac{6\cdot8}{2}=\frac{48}{2}=24
tl;dr Cada día que pasa son un profesor máis malévolo. Simplemente.
Fórmula de Herón para el primer ejercicio:
ResponderEliminar$\sqrt {27 \cdot (27-21} \cdot (27-20) \cdot (27-13)$ = \frac {21 \cdot h}{2}$
Pois era boa idea, rloca, non se me ocorrera, aínda que a fórmula de Herón non llela expliquei este ano. Con respecto ao latex(que esquecera comentar) o script que uso non funciona nos posts pois a etiqueta DIV non está permitida.
ResponderEliminarSeguiré insistiendo hasta que los habilite.
ResponderEliminarSaludos.