En efecto, amigos: outro xogo máis.
Obviamente, as figuras non están a escala |
Hai máis dun ano que lemos un artigo na sección de Alex Bellos no Guardian(e despois nos microsiervos), no que, co estilo contemporáneo de apelar á nosa intelixencia para que sigamos lendo, introducía o xogo Area Maze, creado polo inventor de xogos e puzzles Naoki Inaba:
(Invocando a Lei de Betteridge, coido que a resposta seguramente sexa non)
Hoxe veño de atopar a versión interactiva na web deste xoguiño:
Lémbrovos a dinámica do xogo: en cada figura aparecen uns rectángulos cuns números, uns referidos ás lonxitudes dos lados e outros ás áreas dos rectángulos; e unha interrogación no canto dunha dimensión descoñecida. Para atopar o valor desa incógnita, temos que razoar sen utilizarmos explicitamente ecuacións nin fraccións. Como avisa a propia web, as figuras non están feitas a escala, co cal non serve de nada coller unha regra.
0 comentarios:
Publicar un comentario