18.10.26

Is there anybody in there?

 

Pokemon sempre foi ácrata


As hordas de seguidores deste blog repararían, dada a súa perspicacia natural, en que van tres meses sen actualizar. Sendo o período máis longo de inactividade, débovos uha explicación, e esa explicación que vos debo, a verdade, é ben sinxela e inmediata: a vida.

Simplemente non teño o tempo que tiña habitualmente para escribir estas entradas irregulares ás que estou afeito. Se sumamos que levaba meses cun portátil decrépito, no que non funcionan as teclas de 3 letras nin de 5 números (nin case fn nin alt!), pois xa había moito obstáculo para poñerse ao choio.

Pero a estas alturas todos saberedes que, por cotroso que sexa este blog, segue mantendo o meu interese, non o podo negar, e non poder ocupar tempo nel é un chisco penoso para min.

De aí que veña unha vez máis aquí a compartir un problema, o que (coido) caracteriza máis o blog. Atopeino no Abelkonkurransen do ano pasado, e di así:

Unha circunferencia está dentro doutra, e unha liña recta divide a área entre as dúas circunferencias en dúas partes, cada unha coa mesma área que o círculo interno. Cal é a razón entre o raio da circunferencia externa e o da interna?

Tedes o diagrama na cabeceira, como xa intuístes.

O problema dá as opcións $3, \frac{\pi}{2}, \sqrt{3}, \frac{3}{\sqrt{\pi}}$ e imposible de decidir, pero seguro que non vos fan falta.


Veña, grazas por pasarvos, non sei cando nos veremos.

0 comentarios:

Publicar un comentario