Subtraendo un anaco de tempo ás vicisitudes ordinarias, veño compartir a 2ª edición da Olimpíada Matemática Feminina Galega e a miña totalmente innecesaria solución ao problema xeométrico. Os enunciados dos problemas, xunto ás solucións oficiais, aquí.
Imos co terceiro problema:
No cadrado ABCD de lado 6, tomamos o punto E no lado AB e o F no lado BC, de xeito que as distancias |AE| e |BF| son ambas as dúas iguais a 2. Sendo P o punto no que se cortan os segmentos AF e DE, determinar o ángulo ∠DPA e a razón $\frac{|AP|}{|DP|}$
É dicir,
![]() |
Hai que estar moi chosco para non intuír que o ángulo é recto, non si? Imos probalo do xeito máis indigno posible, i.e., co recíproco do Teorema de Pitágoras despois de calcular todo o calculable.
A cousa foi así: non vin que era evidente que os ángulos en E en F tiñan que ser iguais, e empecei unha volta importante.
A estratexia consistiu en proxectar o punto P sobre a base e observar as semellanzas que agroman.
![]() |
$$\frac{AG}{6}=\frac{PG}{2}, \frac{PG}{6}=\frac{GE}{2}$$
Como $AG+GE=2$,
$$AG=3PG=9GE=9(2-AG) \rightarrow AG=18-9AG \rightarrow AG=\frac{18}{10}=\frac{9}{5} \rightarrow GE=\frac{1}{5}$$
E en consecuencia,
$$AP=\frac{3 \sqrt{10} }{5}, PE=\frac{\sqrt{10} }{5}$$
Finalmente vemos que $PE^2+AP^2=\frac{10}{25}+\frac{90}{25}=4=AE^2$ q.e.d.
E para a razón:
$$DP=\sqrt{40}-\frac{\sqrt{10} }{5}=\frac{9 \sqrt{10} }{5}$$
$$\frac{AP}{DP}=\frac{ \frac{3 \sqrt{10} }{5}}{\frac{9 \sqrt{10} }{5}}=\frac{1 }{3}$$


