16.6.09

Is it getting better?










or worse...?

Non sei a resposta, pero desde logo que se nota que estamos pola metade de xuño. En 2º de E.S.O. estamos traballando Xeometría, e menos mal, pois se chegamos a estar agora no bloque de Álxebra (imaxinade agora a fórmula da solución da ecuación xeral de 2 grao) non creo que ninguén aprendera nada.

Estiven consultando as típicas olimpíadas doutros países que xa están rematadas a estas alturas do curso, e collín este problema da fase rexional da olimpíada arxentina:

Inicialmente hai un número natural escrito no encerado. O Álex ten que escribir unha sucesión de números naturais utilizando en cada paso unha das seguintes operacións (pode escoller cal):
  • Se o último número escrito é n, Álex pode escribir o número 3n+13
  • Se o último número escrito é n, e n é un cadrado perfecto, Álex pode escribir a raíz cadrada de n.
As cuestións para pensar son as seguintes:
  1. Se o número inicial é 81, decidir se Álex pode escoller as operacións axeitadas para obter nalgún momento o número 55.
  2. Se o número inicial é 55, decidir se Álex pode escoller as operacións axeitadas para obter nalgún momento o número 81.

E por certo, a imaxe da cabeceira representa o Conxunto de Julia, un tipo de fractal máis, como o do vídeo do primeiro post deste blog (aló polo 6 de xaneiro, enlace aquí).
E o título do post está collido do comezo dunha canción de U2, One, ben coñecida. Pero o seu vídeo oficial non pode incluírse desde o Youtube en blogs, así que poño outra versión tamén con moita sona:





Tamén vou poñer outra canción que lle queda ben ao momento no que estamos. Para non sobrecargar o post inclúo a canción desde o goear, pois acabo de lembrar un vídeo que vin hai unha semana que me pareceu curioso.






E para rematar o vídeo que dixen antes:




Abur!

1 comentarios: