29.4.09

Máis de recortes



Para comezar queda recollida a suxestión de Javi.

Agora aos problemas:
O problema das fichas lilas e verdes é tan complicado que ninguén (e mira que o comentei en varias clases do instituto) foi quen de resolvelo, ou polo menos ninguén me dixo aínda como. O que si que houbo foi falsas solucións, como adoita suceder neste tipo de problemas. Por isto vou poñer un problema semellante pero máis sinxelo.






Neste tedes que dividir a figura en dous anacos iguais en forma e tamaño, de tal xeito que nos dous cachos haxa o mesmo número de triángulos, cadrados, círculos e pentágonos. Ánimo, que non é tan difícil.
E aquí tedes o enlace ao xogo que comentei hoxe en 2º A.

The World Hardest Game

Vexamos se alguén o remata. Sinceramente non creo.

24.4.09

Competición de Tenis





Imaxinade que sodes os organizadores dun campionato de tenis. Veñen participar 657 xogadores de todo o mundo. A competición funciona do seguinte xeito: o gañador de cada partido avanza no torneo e o perdedor queda eliminado. Como hai un número impar de xogadores, o xogador máis forte obtén o paso á seguinte rolda automaticamente. A cuestión é:
Cantos partidos serán necesarios para determinar o campión do torneo?

22.4.09

Outro de chaves e lámpadas



Este é un vídeo practicamente obrigatorio nun blog persoal dun profesor coma min. De paso contesto mellor a alguén que me preguntou sobre Pink Floyd. Esta non é a miña canción favorita deles, pero ten un significado especial. Podedes atopar a letra aquí.

Por outra banda, sigo coa teima de recuperar problemas clásicos do limbo. Nesta ocasión toca a quenda dos problemas de interruptores e lámpadas (tema do cal xa apareceu un problema neste blog, aínda que o obxectivo do problema non tiña nada que ver co de hoxe). Ao conto:

No primeiro andar dunha casa hai tres interruptores, un dos cales está conectado coa lámpada do ático. O problema está en que non sabemos cal deles é o que fain funcionar a lámpada. E a vosa tarefa é facer algo con eses interruptores para saber cal é a conexión.

Aproveito para contestar aquí unha pregunta que me facía un lector anónimo (gustaríame saber quen foi, de verdade) nun comentario. Escoitade que cousa máis bonita de canción. De novo unha versión dunha canción supera á canción orixinal (non como nas actuais de Nothing Else Matters ou Eye in the Sky, polo menos na miña opinión). Escoitade,...




Nada máis por hoxe, xa foi suficiente, non si?

21.4.09

Bólas de billar


Outro tipo clásico dos problemas de enxeño consiste en detectar unha bóla (ou algo do estilo) que pesa distinto entre varias co mesmo peso, coa utilización dunha balanza. Para abrir o tema,velaí tedes un problema curioso:

Temos 8 bólas de billar, das cales 7 pesan o mesmo e unha é defectuosa e pesa máis que as outras. Como faríades para saber cal é a bóla defectuosa con só dúas pesadas nunha balanza?

17.4.09

Fichas lilas e verdes


Neste caso, tedes que tentar dividir o seguinte taboleiro en 4 anacos da mesma forma e tamaño, de tal xeito que en cada anaco haxa unha ficha lila e unha ficha verde. Obviamente os anacos poden estar xirados, se non non habería solución.
E un pouco de música dos anos 90, cun bo título, por certo.





Ah, Jose, agora non atopo o enlace, xa o buscarei a fin de semana.