22.4.09

Outro de chaves e lámpadas



Este é un vídeo practicamente obrigatorio nun blog persoal dun profesor coma min. De paso contesto mellor a alguén que me preguntou sobre Pink Floyd. Esta non é a miña canción favorita deles, pero ten un significado especial. Podedes atopar a letra aquí.

Por outra banda, sigo coa teima de recuperar problemas clásicos do limbo. Nesta ocasión toca a quenda dos problemas de interruptores e lámpadas (tema do cal xa apareceu un problema neste blog, aínda que o obxectivo do problema non tiña nada que ver co de hoxe). Ao conto:

No primeiro andar dunha casa hai tres interruptores, un dos cales está conectado coa lámpada do ático. O problema está en que non sabemos cal deles é o que fain funcionar a lámpada. E a vosa tarefa é facer algo con eses interruptores para saber cal é a conexión.

Aproveito para contestar aquí unha pregunta que me facía un lector anónimo (gustaríame saber quen foi, de verdade) nun comentario. Escoitade que cousa máis bonita de canción. De novo unha versión dunha canción supera á canción orixinal (non como nas actuais de Nothing Else Matters ou Eye in the Sky, polo menos na miña opinión). Escoitade,...




Nada máis por hoxe, xa foi suficiente, non si?

4 comentarios:

  1. pois profe tes razon si que mola esta cancion¡!
    non che vou a decir quen son ata que o adiviñes ti

    ResponderEliminar
  2. Hey, era iso o que dicias en clase, que habias posto o meu blog na palabra alguen, mola a cancion por certo, pero mola mais a do dicso, esa non e a "oficial", está xenial, e por certo cal e a tua cancion favorita de pink floid?

    A miña e "Money", sen lugar a dudas.

    Por certo, sobre a cancion de "pink" que acabas de colgar, ademais do significado loxico, queres dicir algo ti, como que non vamos facer nada na proxima case.
    Jajajaja

    ResponderEliminar
  3. a por certo xa me olvidaba:

    http://www.youtube.com/watch?v=NO5W2KoWG98

    un cruasán con mantequilla por favor!!!!!

    Jajaja

    ResponderEliminar
  4. Nothing else matters, si señor. Boa cancion, aínda que me gusta mais a version coa sinfonica de san francisco.

    ResponderEliminar