20.3.09

Aviso aos (aplicados) alumnos de 4ºB

Xa está dispoñible na wiki o Simulacro do Exame da 2ª Avaliación. Espero que non teña erros, pero se os ten, tedes a oportunidade de comentarmos o luns e o martes, antes do exame do mércores. O simulacro é moi extenso (e pesado, por culpa das imaxes pesa máis de medio mega), por mor da cantidade de procedementos que traballamos nesta avaliación. Prométovos que o exame será máis curto, máis que nada para que non teñamos que quedarnos ata a tarde.
Aproveitade o tempo, que xa non queda nada para as vacacións.

7 comentarios:

  1. J pon o examen faciliño
    que non nos sae nada
    asique fai o favor de poñer facil o examen
    pedazo foto que hai da rua !!! do milor pobo sen lugar a dubida

    ReplyDelete
  2. Que foi? Puxéstesvos todos de acordo para facer un comentario colectivo? Dígoo polo nome do comentarista que escribistes. Pois niso estou, poñendo o exame nunha tarde de domingo ben bonita.

    ReplyDelete
  3. Pois profe pense no ben que nos portamos e fai o examen facil que e demasiado dificil

    ReplyDelete
  4. profe non sei facer do simulacor o exercicio 4 apartado b nin d vou apañad@ se quero aprovar

    ReplyDelete
  5. O apartado d do exercicio 4 estaba posto para metervos un pouco de medo. É demasiado difícil para este curso, así que non temades. Pero o apartado b non é tan complicado, só hai que ter en conta as fórmulas usuais para as progresións xeométricas e que a suma dos ángulos dun cuadrilátero é 360º. Nada máis que iso.

    ReplyDelete
  6. profe gracias por resolver este exercicio pero imos suspender igual :( e iso qe estivemos estudando todas as mañas da ponte xuntas e ainda asi nada de nada .. profe pono facil

    ReplyDelete
  7. A estas horas da noite xa está posto o exame, incluso impreso, así que xa sabedes, alea iacta est. Sede realistas: por non saberdes facer un problema non ides suspender. Digo eu. E por certo, xa son horas de ir descansar, que mañá tedes que estar espertas á mañanciña. Abur.

    ReplyDelete