5.3.09

Damas


Neste curioso xogo de damas, onde podes "comer" tanto en horizontal e vertical como en diagonal, tes que acadar o seguinte:

Cun único movemento (é dicir, comendo cunha única das pezas, pero varias veces, claro) tes que deixar 8 damas, de tal xeito que estea unha única dama en cada columna e en cada ringleira do taboleiro. Sorte. E sorte para mañá no exame de ecuacións, que boa falla vos fará.

4 comentarios:

  1. comezando dende o principio B3, despois D1, despois F1 e despois H3 (as pistas).Logo, segues por F5 - F3 - D3 - B5 - D7 e por último, B7. Só queda unha ficha en cada ringleira e en cada columna.

    ResponderEliminar
  2. Parabéns, Javier! E agora a concentrarse nas ecuacións e as progresións, eh?

    ResponderEliminar
  3. En la fila 7 quedan 2 y en la 3 ninguna.
    Cts

    ResponderEliminar
  4. Ai, ai! Pois vai ser que a solución non é tal!
    Isto sucede porque nunca resolvo os problemas antes que vós, e así pasa o que pasa. Teño que revisar o problema, non vaia ser que non teña solución, pois acabo de botarlle unha ollada á fonte do problema, e vexo que a solución que propoñen ten un erro. Se non ten solución, teremos que amosar a razón. Grazas, Cutús, polo teu aviso.

    ResponderEliminar