29.3.09

Un problema exótico


Ben, acabo de atopar este problema navegando pola rede (ou como dirían en Francia: surfeando). É exótico non polo seu contido, senón pola súa procedencia: Bangladesh. E di así:
Os puntos A e B están a unha distancia de 60 km. Un bus sae de A e outro de B ao mesmo tempo. Se van na mesma dirección, atópanse en 6 horas, mentres que se van ao encontro un do outro, tardan só 2 horas en xuntarse.
Cal é a velocidade do bus que vai máis rápido?

2 comentarios:

  1. Va a 20Km/h y el otro a 10Km/h
    Cts

    ResponderEliminar
  2. Moi ben, Cts. Este problema é o típico que se pode resolver cun pouco de Álxebra elementar, pero que é moito máis rápido de resolver simplemente pensando.

    ResponderEliminar