18.3.09

Un de carreiras


Por fin resolvestes (para ser exactos, foi Javier) o problema das damas. E o de onte non levou tanto, a ver que ocorre con este:
Tres amigos, Carlos, Beatriz e Olaia botan unhas carreiras de 100 metros lisos. Polo visto ata o momento, para que Carlos chegue ao mesmo tempo que Beatriz, esta ten que deixarlle unha vantaxe de 20 metros. Do mesmo xeito, para que Beatriz chegue ao mesmo tempo que Olaia, esta ten que deixarlle unha vantaxe de 25 m. A pregunta é:

Se corren Carlos e Olaia, quen ten que ter vantaxe e canta para chegar ao mesmo tempo?

E se credes que é moi difícil, probade algo máis sinxelo
Run!
Só tedes que correr, nada máis. Parece fácil, non si? Pois a ver ata que nivel chegades.

7 comentarios:

  1. 40 m de ventaja

    ReplyDelete
  2. A ventaxa ten que tela Carlos e ten que ser de 45m. ,non sei se é asi.

    ReplyDelete
  3. supoño,que se non ten trampa, sairía Carlos, cando leve 20 metros empezaría a correr Beatriz e cando Beatriz( ou Bea para os amigos) levara 25 metros recorridos tería que sair Olaia.
    Moi divertido o xogo,sobre todo cando andas polas paredes.
    saludos

    ReplyDelete
  4. Ei, Rocío, que tal por Coruña? Viches a foto que puxen aló enriba? Xa che ensinarei o orixinal.
    Respecto ao problema, pois si, ten trampa, je je... Se che gustou o xogo, podes probar o que puxen hoxe entre as xuntas de avaliación, que é moi curtiño. Bicos.

    ReplyDelete
  5. Ola!!!
    Por Coruña moi ben, parece que con este bo tempo vaise a traballar de millor gana.
    A verdade e que a foto está genial, menudas vistas dende onde foi sacada a foto!!
    Xa me parecía raro que o problema non tivera trampa,vouno pensar algo máis, a ver que tal.
    Hoxe xa é algo tarde, así que mañá a ver se miro o xogo, jeje.
    Ah, e que saia moi ben o examen.
    bicos.

    ReplyDelete
  6. bueno, a ver se estou máis acertada agora.
    Vou a plantexalo como que todos saen ó mesmo tempo con vantaxe de metros. Olaia estaría a unha distancia de 100 metros, Beatriz cunha vantaxe de 25 metros (así as dúas chegan á vez), e Carlos, facendo unha regra de 3, se cando Beatriz estaba a 100 metros él tiña q estar a 20 de vantaxa, tendo 75 metros que percorrer, estará a 15.
    É dicir, Olaia na saída, Beatriz a 25 metros e Carlos a 40, ( 25+10).
    Xa reunín á familia feliz, custoume saber como facer desaparecer os cubos de cores para poder pasar.
    bicos

    ReplyDelete
  7. Agora si, Rocío.
    E por certo,viches que alumn@s máis list@s teño?
    Como dicían no Batman da galega, mañá á mesma bat-hora no mesmo bat-canal.
    Máis bicos aínda.

    ReplyDelete