Fixade a vista nunha calquera das circunferencias da imaxe, e veredes que está totalmente estática, mentres que as demais non deixan de xirar. Se cambiades de circunferencia, pasa exactamente o mesmo.
Agora, antes das Matemáticas, un aviso para os alumnos de 2º A que teñan ganas de estudar (son un optimista). Colguei na wiki o Simulacro de Exame de Funcións e Estatística, por se queredes botarlle un ollo. Espero que non teña erros, pero tampouco confío demasiado. Non o imprimades, pois xa están feitas as fotocopias desde as 14:10.
A verdade é que xa tardei bastante en colgar algunha ilusión óptica, un deses temas da cultura contemporánea que adoitan aparecer vinculados coas Matemáticas. Unha pequena lista, escrita segundo vou pensando, é a seguinte:
- Fractais.
Para ver fractais, por exemplo aquí ou aquí, e o programa máis coñecido para crealos ti mesmo, aquí.
- A razón áurea e a sucesión de Fibonacci.
Un enlace aquí, pero hai unha barbaridade deles na rede, con poñer "Fibonacci" no google obteredes 2530000 resultados.
- A Teoría do Caos.
Nota: En 1993 aínda estaba vivo Kurt Cobain, nos PC's o sistema operativo que corría era o MS-DOS (aínda que podías utilizar unha aplicación mediante algo así como isto: C:\>cd Win
Win:\>Win), o Barça acababa de fichar a Romario, nos Estados Unidos gañou as eleccións Bill Clinton, en España houbo varias cancións que non pararon de soar, entre elas lembro "Sin Documentos" de Los Rodríguez ou "Heart Shaped Box" de Nirvana (e tamén glorias freaks como "Informer" de Snow), así que agora comprenderedes que todos temos un pasado (que ás veces queremos ocultar)
- Os cadros de M.C. Escher.
Pero sempre tedes as galerías na web oficial sobre Mauritius Escher. Botádelle unha ollada, que paga a pena.
E hai moitos outros temas propios das Matemáticas que xa forman parte da cultura popular, que xa irei comentando noutros posts.
E para rematar o revival dos 90, un vídeo do 1993. Segue a ser un bo tema.
Non sabia que che gustaba rage, son bos, aunque guitarristicamente o morello un pouco ccorto, a min personalmente gustame mais a de sleep now in the fire, e como dichesme a idea, bou sibila ao meu blog, unha cover por exemplo, aunque xa non me acordo moi ben de como vai, vemonos.
ResponderEliminarpor certo, mira este
ResponderEliminarhttp://www.youtube.com/watch?v=vqcM5lVoteQ&feature=PlayList&p=5064350210D00828&index=2&playnext=2&playnext_from=PL