12.5.09

Olimpíada Española

Hoxe propóñovos un problema da fase local (en Albacete) da Olimpíada Matemática Española do 1998, aínda que é un problema clásico e ben coñecido, a ver que vos parece:

Nun cárcere hai 32 presos repartidos en 8 celas de planta cadrada. En cada cela das esquinas hai un preso, e en cada unha das centrais hai 7 presos, como podedes ver na figura:



O carceleiro é un pouco mangante, e para controlar que non lisca ningún preso cóntaos do seguinte xeito:
Conta os presos totais de cada ringleira e columna e asegúrase de que sexan 9. Feito isto, retírase á oficina.
Pero os presos son máis listos ca el, e un día fúganse 4 presos. Cando o garda fai o reconto non se decata, pois o número total de presos en cada ringleira e columna segue a ser 9.

Que fixeron os presos para que o garda non se decatara da fuga? É dicir, como se colocaron nas celas?

4 comentarios:

  1. Profe, teño unha posible solución, pero como e moi enleado poñela aqui, comentoche na clase, asi deixo que o resolva outro no blog, a ver como o pon, por certo cambiei a direccion do blog, por problemas ortografocos nun foro, clica sobre o nome do coment e xa vas a nova, chao.

    ResponderEliminar
  2. Ai, Cutús! Ti contestaches a un problema máis complicado, que sería como amañar para que o carceleiro non se decatara dunha fuga de 8 presos. Pero vendo a túa resposta agora á sinxelo atopar como amañar para só 4 presos

    ResponderEliminar
  3. Perdón, entonces sería:
    252
    5 5
    252

    ResponderEliminar