11.5.09

Xa volveron os azos

Se non chegan volver, quizais debera chamarlle doutro xeito ao blog (polo de Matemáticas, claro, non polo da Rúa). Outro día poño as últimas respostas dos problemas, que hai que dicir que non son moitas. Por iso hoxe vou propoñer un par de problemas máis simples, e do estilo dos Tests de Intelixencia.
O primeiro:
Que números teñen que substituír ás interrogacións?



O segundo:

Que número ten que substituír á letra J?




E para non rematar coa tradición, vou poñer un vídeo, pero non desa suxestión que me deixaron a fin de semana (lembrade: sempre cousas decentes), senón dun deses grupos que semella gustarlle sobre todo a EMO's varios e do que xa puxen unha vez unha canción (Take you on a cruise). Aínda que é ben raro, polo menos os de Youtube deixan velo sen pasar o filtro da idade, non como o de Paranoid Android. Se mirades os comentarios na web de Youtube veredes que case todo o mundo cre que o boneco é, polo menos, inquedante. Aquí está:



1 comentarios: