14.5.09

As campás

Supoñendo que as campás dunha igrexa tardan 7 segundos en dar as sete, canto tempo lles levará dar as 10?
Aviso:Non é tan rápido como parece.

E agora, ollade este vídeo mirando ben para o tío que sae, e escoitade o que di.




Está claro, non?
Pois agora volvede escoitar ao tío, pero cos ollos pechados.

E agora que dixo?

O cambio que acabades de percibir coñécese como Efecto McGurk, e basicamente consiste en que, cando escoitades a alguén, non só recibides información sonora, senón tamén información visual, polo que é máis sinxelo entender a alguén cando o temos diante. Esta mellora tena experimentado calquera que vexa películas en inglés (sempre e cando non estea a mirar para os subtítulos, claro)

6 comentarios:

  1. Dende o momento a que o dis, se lle levara sete segundos en dar as sete, levarelle 3 horas e sete segundos mais en dar as dez

    ResponderEliminar
  2. Vale, ben pensado, pero non é ese o tipo de truco que ten este problema. Tes que pensar canto tempo tarda en dar as 10 desde que comeza a soar ata que remata, non desde as 7.
    Por certo, viches o do efecto McGurk? Percibiches o cambio?

    ResponderEliminar
  3. Se poda, dara numeros decimais, porque se tarda sete segundos en dar as sete, hay que pensar que tamen deu as doce, e como teño a calcu cerca, fagoo agora nun segundo e dame 8'75, pero dame que isto non vai asi nin de coña

    ResponderEliminar
  4. de vez en cando hay que actualizar

    ResponderEliminar
  5. Claro, Jose, pero se, en troques de preparar clases e exames, só ocupo o tempo no blog, pasan dúas cousas:
    1) Os exames saen máis difíciles, pois non os penso dúas veces
    2) Obsérvase claramente que ninguén resolve os problemas so blog, polo que aparece a sensación "berrar no deserto"
    De tódolos xeitos, se teño tempo despois de poñer o exame de 4ºB poño un problema realmente complicado aquí (e no voso exame do venres, por falar)

    ResponderEliminar
  6. home moitisimas grazas, pero e inxusto, si xa sabes que na nosa clase vai falar o david, o gabriel e a laura, os de sempre, e con david e gabriel estas aguantando moito, o de sociales non lles pasa outra, a proxima, toda a sua hora na biblioteca, e por certo o lunes e segurisimo que enferme de gravidade, hepatitis ou algo asi, que me impedira facer o exame.

    (Haber agora en serio, pon o exame faciliño, que vamos un fouco flouxos, no sentido de flouxos de estudiar...)

    ResponderEliminar