6.5.11

Cervexa negra ou tostada


Un problema de pensamento lateral que non precisa cálculo ningún, aínda que fala de cartos:

Un home entra nun bar e pon 1 € na barra."Unha cervexa, por favor", dille ao camareiro.
O camareiro pregunta: "Negra ou tostada?"
"Cal é a diferenza de prezo?" pregunta o cliente.
"A tostada custa 0,9 €, mentres que a negra custa 1 €", contesta o camareiro.
"Moi ben, pois tomarei unha negra"
Pouco despois entra outro cliente no bar e coloca 1 € na barra. "Unha cervexa, por favor", dille ao camareiro. Este, sen preguntarlle nada, ponlle unha cervexa negra.

Como soubo o camareiro que tipo de cervexa quería o segundo cliente?

0 comentarios:

Post a Comment