7.12.13

Ilusións de rotación


Nos últimos tempos apareceron pola rede unhas animacións que, a simple vista, non teñen nada extraordinario:


A gran cousa, unha circunferencia dentro doutra?

Ata que revisamos ben o que está a suceder:

De Mighty Optical Illusions

Cada punto, individualmente, segue unha traxectoria rectilínea que coincide cun diámetro da circunferencia maior. Os 8 puntos tomados en conxunto dan a impresión dunha circunferencia coa metade de diámetro rotando dentro da grande.


Pois ben, no concurso das mellores ilusións ópticas deste ano un dos finalistas, Tusi or not Tusi, xogaba coa idea de crear este efecto dunha circunferencia xirando a partir de puntos en liñas rectas e tamén co contrario. Ide aló e comprobádeo, que a ilusión aparece nunha animación en flash e non hai vídeo.
Do que si que hai vídeo é do gañador da mellor ilusión do ano, Rotación xerada mediante Translación:





Outra vez coa mesma idea dos aparentes círculos temos a seguinte, que polo menos eu vexo mellor se fixo a vista no centro da imaxe:

Do blogue de Richard Wiseman

Como apuntaban naquel blogue, o efecto é semellante ao dos puntos que, seguindo traxectorias verticais, crean globalmente unha onda horizontal:

Tirado da web deste instituto

Xa tedes para manter o mareo durante uns días. Eu vou tentar simular algunha das ilusións co Geogebra, a ver se teño éxito.

4 comentarios:

  1. Están moi chulas. A primeira delas lémbrame a algo que tiña feito hai un tempo e que rescato do disco duro:

    http://www.geogebratube.org/student/m62243

    ReplyDelete
  2. Si, a mágoa é que a do movemento Tusi, onde se ve mellor como funciona, non teña un vídeo ou un gif ademais do flash.
    E mola a do teu pentágono!

    ReplyDelete
  3. Que bonitas!!!!!!!!!!, a que menos me gusta é a do vídeo, as outras e a do pentágono estupendas!!

    ReplyDelete
  4. Si, a min tamén é a do vídeo a que menos me gusta (e é a que gañou). Curiosamente nas proxeccións nas pantallas das aulas é habitual que se perdan os efectos, principalmente os de imaxes estáticas que parecen moverse.

    ReplyDelete