2.1.15

O triángulo ubicuo

Para comezar o ano fedellemos un chisco con números.

Empezamos co triángulo seguinte, no que a primeira ringleira contén os inversos dos números naturais e nas seguintes ringleiras cada termo é a diferenza dos dous termos enriba del:


   

Xiramos o triángulo 60º no sentido das agullas do reloxo arredor do 1 inicial, e endereitámolo, que non quedou moi xeitoso:



Agora dividimos todos os termos polo último da súa ringleira:




Xa é evidente, non si? Que sucede se tomamos o inverso de cada entrada deste triángulo? E aínda máis interesante: por que?

0 comentarios:

Post a Comment