24.1.15

Cousas que só atoparás nunha Avaliación Diagnóstico


Se os libros de texto están inzados de pseudo-problemas, datos ridículos, textos alambicados e absurdos e trapalladas varias, o mesmo podemos dicir das probas externas organizadas polas administracións educativas. Estas probas que, seguindo a norma contemporánea de traducir os usos anglosaxóns, deron en chamarse "Avaliacións Diagnóstico", sen preposición, os dous nomes seguidos.

Observade uns exemplos de ítems trapalleiros aparecidos nas avaliacións externas por España:

    
Esta trapallada apareceu nunha proba de Andalucía no 2006. É o mellor exemplo que teño atopado de pseudo-contexto. Queres comprobar se os alumnos memorizaron os nomes de corpos xeométricos? Pois comenta que son uns globos, quen lle gustan a todo o mundo. A proba ía dirixida a alumnos de 2º de ESO, imaxinade o entusiasmo dos alumnos...

Pero está visto que o dos globos non é un caso illado, mirade este ítem que caeu na proba de Murcia do 2010:

   

Non hai maneira de que apelen á memoria dos alumnos sen redactar un ítem ridículo. Teñen que crear un contexto artificial, se non, non lles coce. Significatividade 100%.


     

Este "problema" foi proposto na Prueba CDI (Conocimientos y Destrezas Indispensables) de 3º de ESO de Madrid do 2008, pero podía perfectamente ter aparecido nun exame do bacharelato elemental dos anos 50. Só lle falta dar os cartos en céntimos, motas e reais.


A proba na que saíu o conto do xarope deparaba máis exemplos. Un par de follas adiante achamos unha narración apaixonante sobre a compra dun piso por parte duns noivos. Primeiro dan cunha escaleira:


Vaia ocasión perdida. Observade a escaleira: das tres dimensións que interveñen, cal é a máis difícil de atopar? E se reparamos nun escalón: é difícil de calcular a altura? Pódese medir directamente? A medida 10 m. que sae na figura, depende de que os escalóns sexan todos congruentes ou isto non inflúe? Que ten que suceder para que poidamos medir directamente eses 10 m.? Poden ter calquera forma os triángulos rectángulos (con hipotenusa invisible) que forman os escalóns? E sendo rigorosos: Que é exactamente o que mide 10 m.? 

Despois preséntaselles un dilema cun albanel:


Imaxino perfectamente a algún cativo pensando que terán que ver as redes móbiles co peso do saco...

A ver se dades lido todo o texto do seguinte ítem, do modelo B de Asturias 2013:

   
Ben traído, non si? Probablemente ese texto puxo a súa parte na procura de que os alumnos descubran o pracer da lectura.


Aínda que o que vén agora non é dunha avaliación da ESO, non podería rematar sen incorporar nesta pequena galería unha proba de 4º de Primaria de Andalucía que deu que falar hai dous anos, non só pola súa calidade (que ides comprobar axiña) senón tamén porque foi filtrada días antes da realización nos centros:




Hoxe na web de Educación de Andalucía o pdf da proba está corrixido, eu tirei a imaxe da filtración previa. Probade a debuxar un sexto neses "hexágonos"...

Calquera outro día volvo a remexer nos pdfs, por material non vai ser...


0 comentarios:

Publicar un comentario