29.9.09

Outono?



Levo 3 días buscando tempo para completar este post. Entre o traballo ordinario do instituto e outras tarefas inescusables non dou feito. Xa ata nos comentarios me chaman a atención!

Antonte, 29 de setembro, estabamos a 27º en Valdeorras. Neste contexto as Matemáticas multiplican a dificultade. Onte chegou a chover, e hoxe hai unha néboa ben espesa. Semella que por fin entramos no outono.

Como aínda non comentei o xeito de deixar comentarios no blog en 1º de E.S.O., os problemas van ser sinxelos.

Pero en primeiro lugar, que vos parece a ilusión óptica de máis enriba que atopei en Futility Closet? Se vos fixades ben en calquera dos obxectos veredes que ... está totalmente estático!

Ao choio: Se a un reloxo lévalle 7 segundos dar as 7, canto tempo lle levará dar as 10?

E por certo, dixen que era sinxelo, non unha parvada, así que nin pensedes na resposta obvia.

Agora un xogo de mover pezas máis difícil do habitual. Chámase Change the Nine, atopeino en Passion for Puzzles. Tedes que chegar á figura pequena da dereita movendo as bólas facendo cadrados de 4 bólas. Hai unha solución en só 9 pasos. Se alguén é que de resolvelo, que mo comente na clase.

2 comentarios:

  1. Bo día J,
    cheguei a este blog a través dunha amiga común, e botándolle un vistazo parece bastante interesante, xa o incluín nos blogs a seguir habitualmente.

    Para empezar o problema que plantexas é bastante sinxelo, pero non desvelo a solución porque creo deducir que o pos para o teu alumnado, non?

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Pois benvid@. Se ves que nun par de días non hai solución, e tes ganas, podes poñer a túa.

    ResponderEliminar