Un ano máis saíron publicados os premios IG Nobel. Dos galardóns deste ano teño que salientar:
- Medicina: Simon Rietveld da Universidade de Amsterdam e Ilja van Beest da Universidade de Tilburg (Países Baixos) por descubrir que os síntomas da asma poden ser tratados mediante viaxes en montaña rusa.
- Paz: Richard Stephens, John Atkins e Andrew Kingston da Universidade de Keel (Reino Unido), por confirmar a crenza xeralizada de que xurar alivia a dor.
- Xestión: Alessandro Pluchino, Andrea Rapisarda e Cesare Garofalo da Universidade da Universidade de Catania (Italia), por demostrar matematicamente que as empresas serían máis eficientes se ascendesen aos empregados aleatoriamente.
- Física: Lianne Parkin, Sheila Williams e Patricia Priest da Universidade de Otago (Nova Zelanda), por demostraren que, en camiños xeados no inverno, a xente esvara menos se leva calcetíns por fóra dos zapatos.
Podemos comprobar nesta mostra que o nivel de bo humor destas investigacións non minguou esta temporada.
0 comentarios:
Publicar un comentario