Había tempo que non vía uns xogos tan raros.
- Feign é sinxelo: só hai que atopar nove corpos (siluetas) humanos, para o que temos que movernos por un laberinto tridimensional do máis minimalista. A dificultade radica en que as paredes non sempre son o que parecen, ademais da complicación de moverse cando non hai referencias espaciais.
- Por outra banda, Symon non é tan estraño desde o punto de vista visual. A súa rareza consiste na historia que desenvolve: estás dentro dun soño, e terás que actuar en consecuencia, é dicir, estás obrigado a razoar ao xeito perverso propio do mundo onírico.
0 comentarios:
Publicar un comentario