27.8.11

Outro xogo topolóxico


Un xogo topolóxico ben coñecido é o de conectar tres casas coas fontes de luz, auga e gas mediante nove liñas que non se intersequen, tendo en conta que os seis puntos estean nun mesmo plano, pois no espazo tridimensional a solución é evidente.

Antes de que alguén non avisado tente ese problema, teño que comentar que esa conexión é imposible, como comentan no artigo da wikipedia sobre Teoría de Grafos, no epígrafe sobre grafos planos, e demostran no artigo da wikipedia en inglés Water, Gas and Electricity.

Hoxe traio un xogo on line, Linx, no que hai que conectar os cadrados da mesma cor, con restricións ademais sobre o número de pasos que podemos dar, é dicir, o número de celas polas que podemos pasar para efectuar a conexión. A mecánica do xogo é totalmente intuitiva: facemos clic no cadrado dunha cor, e a continuación prememos nas celas que farán o camiño, ou ben directamente arrastramos sen soltar o botón do rato. Para os que coñezan o 3D-Logic, é exactamente a mesma dinámica. De feito poderiamos dicir que Linx é a versión 2D daquel xogo, aínda que só aparentemente, pois o 3D-Logic en realidade tamén era un xogo en dúas dimensións, pois só utilizaba a superficie do cubo de xogo.

Ten duás expansións, o Easy Set e o Hard Set, esta última recomendada unicamente para xogadores expertos. Comparade a dificultade observando a octava fase de cada un dos packs:





Realmente é un bo xogo dos que fan pensar durante un anaco.

0 comentarios:

Publicar un comentario