26.10.11

Esculturas de Luz

Calquera que siga este blog asiduamente (é dicir: eu mesmo), comprobaría que nos últimos tempos a frecuencia de actualización non é moi grande. E iso aínda que estou máis horas traballando con ordenadores que nunca. Ou quizais precisamente por esa razón.

De tal xeito que o único que apetece a estas alturas é ver algo relaxante e que non requira traballo mental por parte do espectador. Velaquí tedes o que preciso:


Dev Harlan - "Parmenides I", 2011 from Dev Harlan on Vimeo.


Na páxina do artista en vimeo, Dev Harlan, hai máis instalacións do estilo.

4 comentarios:

  1. JJ cóntame a min tamén entre os seguidores,:)
    precioso vídeo
    un saúdo
    conchi

    ResponderEliminar
  2. Graciñas Conchi, xa sabes que o seguimento é recíproco!

    ResponderEliminar
  3. Tamén tes seguidores en Lugo. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  4. E ademais anónimos, seica...

    ResponderEliminar