10.12.12

The Crevasse

A verdade é que desde que non fomento que os meus alumnos lean este blogue, e ademais sei que hai unha pequena cantidade de colegas matemáticos que se pasan por este recuncho da rede (ubicado alén do monte Ancos), este sitio évos un pouco máis serio do que adoitaba ser. Supoño que, en certo modo, estarei contaxiado desa solemnidade propia do oficio. Ese falar-para-un-eventual-examinador que levou a despropósitos como o daqueles autores dun libro de texto do antigo COU no que aparecía a integral Lebesgue. Ou que provocou que nunhas xornadas dirixidas a profesores de secundaria de tódalas disciplinas científico-tecnolóxicas, un conferenciante "lembrase para tódolos asistentes" o concepto de difeomorfismo $C^{\infty}$.

Así que é tempo de relaxar un pouco esta tensión matemática, máis tendo en conta que teño previsto comezar unha serie de comentarios sobre a evolución do curriculum de Matemáticas. Pois cadrou que acabo de ler un post de Futility Closet que trouxo de volta do proceloso mundo da rede a un artista do arte urbano, Edgar Mueller. De tódalas obras que hai na súa web, eu tamén alucinei co making -off de "The Crevasse", é dicir, "A Fenda" (ou como diríamos por Ferrol, "A Fendecha")




2 comentarios:

  1. espero atenta o/s post/s sobre evolución do curriculum, un tema interesantísimo e imprescindible esa análise para falar de cal debería ser o curriculum actual das mates
    Conchi

    ResponderEliminar
  2. Graciñas Conchi! Teño xa escrito un post sobre 1ºBUP/3ºESO, pero aínda non sei se publicalo como está ou comezar por 7ºEXB/1ºESO. Pasei unha tarde fedellando no BOE, recuperando documentos de 1970, e a verdade é que o pasei xenial lembrando o que dei aos 14 anos. A ver se as avaliacións deixan algo de tempo...

    ResponderEliminar