Na web da Consellería de Cultura, Educación e O.U. publicaron onte os exames e as respostas das probas de acceso a ciclos de grao medio.
Como é habitual, fun mirar a proba de Matemáticas, basicamente para criticar a elección dos ítems, mais atopei unha gráfica que me tivo entretido un chisco. Esta gráfica viña sen a expresión alxébrica, de tal xeito que un bo exercicio para bacharelato podería ser tentar atopar esta expresión. Observade vós:
Pista: é unha función impar... |
Hai un par de candidatos obvios, mais pódese atopar a función exacta.
Isto é moi divertido!
ResponderEliminarInicialmente pensei nun seno atenuado exponencialmente: 3*sen(e^(1-|x|)*pi*x/2), e certamente parecíase, mais sabía que algo así non podía ser.
Entón ocorréuseme un cociente de polinomios, con grado do numerador impar e grado do denominador par e maior... Dado que o dominio é todo número real, facendo x/(x^2 + 1) sae unha gráfica (acheina por tanteo) semellante á dada. Reescalando tal que f(1) = 3, a miña resposta é...
6x
--------------
x^2 + 1
Moi boa vista, Moisés! Por certo, se chega a ser unha como a primeira que se che ocorreu, tamén era mala idea...
ResponderEliminar