Noli turbare circulos meos! |
Este ano, por primeira vez, alumnos meus van participar nunha olimpíada matemática. O certo é que non os adestrei alén do traballo académico da aula, que todos sabemos que difire moito do que aparece nas olimpíadas. Por isto vou xuntar unhas cantas ligazóns nas que poderán atopar problemas propostos en concursos dos últimos anos. O usual nos últimos anos é colgar os problemas en formato pdf, mais os problemas máis antigos é posible que estean en formato doc.
- A primeira ligazón é obrigada: a propia web de AGAPEMA, Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática, na que veñen recollidos os problemas (con solución) das olimpíadas desde o 2002 ata o 2013:
Hai que facer scroll na páxina ata atopar a táboa cos problemas e as solucións.
- A páxina do Canguro Matemático presenta problemas para todos os niveis, desde 1º de ESO ata o 2º de Bacharelato. Escolle o ano no menú da esquerda e despois o nivel.
Os problemas do nivel 1 e algúns problemas do nivel 2 son semellantes á olimpíada galega. Noutros problemas do nivel 2 é necesario saber máis álxebra ou xeometría, pois tamén participan alumnos de 9º grao(~3º ESO).
- Tamén en Portugal teñen unha web interesante con problemas. A categoría junior vén sendo para alumnos de 6º ou 7º grao e a categoría A para 8º ou 9º.
- En Andalucía xa é veterana a Olimpíada Matemática Thales. No menú da dereita tedes todas as edicións anteriores, desde 1985. Ademais dos formatos comentados, tamén ás veces hai presentacións cos problemas (en formato pps ou on line)
Xa son problemas abondo para tolear.
0 comentarios:
Publicar un comentario