11.3.17

Divertimento xeométrico(7)


Revisando o fantástico libro de Ross Honsberger Mathematical Gems II (táboa de contidos en Cut the Knot) atopei esta propiedade dos triángulos.
Como é usual nos divertimentos, non vou explicar nada; tócavos a vós adiviñar que sucede na figura:



3 comentarios:

  1. O que estás facendo é a inversión respecto da circunferencia inscrita de tres segmentos tanxentes a esta circunferencia. A inversión dunha recta tanxente dá unha circunferencia tanxente. De continuar debuxando as tres circunferencias vermellas, veríamos como se intersecan no incentro.
    Por outra banda fas a inversión da circunferencia circunscrita respecto da inscrita.
    Ando a darlle voltas a como fixeches para que o punto vermello que percorra o perímetro do triángulo. Teño que aprender moito máis do geogebra, está claro.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Perfecto , Cibrán. Para facer o do punto vermello, só tes que escoller no menú Punto a opción 'Punto en Obxecto', e marcar un dos lados do triángulo. Se tivese creado antes as rectas que conteñen os lados, podería rematar as circunferencias que resultan de invertir os lados, pareceume máis bonita a figura facendo eses arcos que rebotan na inscrita.

      Eliminar
    2. Si, a min tamén me parece máis bonita.
      Grazas polo apunte do Geogebra, xa comprobei que funciona

      Eliminar