18.6.17

Un problema viral


Rematando o curso o traballo burocrático increméntase de xeito notable, o que provocou que non vise ata hoxe un problema dos que lles prestan aos editores dos xornais (dos anglosaxóns, polo menos) que fixo a súa rolda hai un mes.

Sabendo que o seguinte problema foi proposto a cativos de Singapur de menos de 7 anos, cal é a solución?

    


Aínda que non vexades o que pon en inglés, todos adiviñades que hai que encher os círculos de tal xeito que se manteña certo patrón descoñecido. A ver se dades feito.


Para tapar o que vai vir, mirade que cousa máis bonita:









E agora o plot twist.

E se vos digo que o problema ten un erro, atopades agora a solución?

0 comentarios:

Publicar un comentario