Navegando ao chou na web da descontinua(?) web da Universidade de Cambridge Underground Mathematics atopei este feito, tan elemental que case dá vergonza recoñecer que non o coñecía xa.
Despois de ver esta entrada ide á de Underground Mathematics, que ten feixes de recursos interesantes. Pero antes, fedellade con este pequeno applet.
Do mesmo xeito que na entrada Como multiplicar cunha parábola, só tedes que introducir os números que queirades(case: restrinxidos ao intervalo [-10,10]) e ver como agroma a súa suma na construción.
Mentres que no applet da multiplicación, para multiplicar os números a e b había que introducir -a e b, aquí non hai que utilizar o oposto.
Analizando a elemental construción e como varía en función do tamaño relativo dos números, observamos, unha vez máis, como a álxebra pensa por nós en ocasións.
Analizando a elemental construción e como varía en función do tamaño relativo dos números, observamos, unha vez máis, como a álxebra pensa por nós en ocasións.
0 comentarios:
Publicar un comentario