Estaba a revisar a fornada de competicións matemáticas de inverno, e dei cunha das miñas preferidas, o Torneo Harvard-MIT. Este torneo, do que xa falaría moitas veces(imaxino) ten dúas instancias, unha en novembro en Harvard, e a outra en febreiro no MIT. Os dous torneos teñen certas diferenzas, por exemplo nas disciplinas que cobren, mais os dous teñen unha sección individual e unha sección por equipos. Na proba Xeral de novembro teño atopado problemas axeitados para facer pensar aos alumnos alén do habitual nas aulas, chegando ás veces a incluílos (fóra de cualificación) en exames. O ítem que traio hoxe apareceu na proba de Álxebra e Teoría de Números deste febreiro. Observade:
Atopa o único número real positivo que satisfai $$x^{2x^6}=3$$
Se eu dese clase en 1º de bacharelato este ano, seguramente introduciría esta inocente ecuación nalgún momento.
0 comentarios:
Publicar un comentario