20.11.19

Máis dunha década metendo a zoca


Nas miñas aulas é habitual que haxa probas formativas case todas as semanas. Estas probas avalían poucas cousas, normalmente as traballadas esa mesma semana, e teñen dúas funcións: a real, que é ir sabendo que están a entender os alumnos, e a aparente, que é manter un halo de profesor maligno. Como o proceso de elaboración destas probas é moito máis breve có dos exames usuais, a probabilidade de que meta a zoca é consecuentemente máis grande.

Hoxe sucedeu unha cousa ben curiosa nunha proba de fraccións e decimais para 2º de ESO. Trabuquei ao poñer un dato na proba, felizmente vin o erro antes de pasarlle a proba aos alumnos, porén mantiven o erro. Déixovos por acó o documento, tradicional abondo por outra banda, por se queredes atopar o erro e, alén diso, adiviñar por que resultou útil para o meu obxectivo avaliador.

Ah, a cabeceira non está en Comic Sans, é Cooper Black

2 comentarios:

  1. Obviamente, así poderías discernir quen fixo todas as operacións, e quen se baseou na información que ti lles das para logo "mover a coma".

    Non está mal traído, non estaría mal argallar algo nesa liña que non partira dun erro, claro.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. En efecto, Paulo. Xa o teño feito no pasado, no contexto dos logaritmos. No típico exercicio "sabendo que log 2=0,301 e que log3=0,477, calcula..." puxen mal os logaritmos adrede para que cantase quen metera directamente os números na calculadora. Claro que nos logaritmos sempre podes utilizar log_a x=m, log_a y=n e xa eliminas esa posibilidade.

      Eliminar