Lendo etiquetas do blog de John Baez vin un pequeno problema, que tamén me levou a (re-)descubrir o libro online Mysteries of the equilateral triangle, de Brian McCartin. Hai un feixe de matemáticas nese libriño, seguro que atopades algún feito que non coñecíades.
Pode que incluso sexa descoñecido o devandito problema que traio hoxe:
Teño que mellorar a miña escolla cromática, seino |
Cal é maior, a área verde ou a maxenta?
E aínda mellor:
De cantos xeitos distintos dades demostrado o resultado?
0 comentarios:
Publicar un comentario