Da wikipedia, Lucky Number Tentade descifrar que sucede no gif antes de ir á ligazón |
Un ano máis no blog, e van 13. Ano no que a curva de entradas cambiou de tendencia: levaba 3 anos consecutivos publicando 24 entradas, que é o mínimo do blog e este aló foron 32. Tendo en conta a miña vida no mundo real xa é un número considerable, ao que non podo aspirar de xeito consistente.
Por se alguén ten curiosidade por coñecer a difusión dun blog como este, cun público obxectivo dun nicho moi concreto e relativamente reducido, velaquí:
A entrada máis visitada do ano foi O último flame co ensino das Matemáticas, única entrada de agosto, escrita co gallo da filtración do borrador do curriculum de Primaria. E leva 237 visitas.
Séguea a entrada Unha adiviña de visualización, de outubro, que tiña unhas gráficas ben bonitas(que obviamente non fixen eu). Leva 212 visitas.
A terceira entrada máis visitada foi Exercicios tan malos que son bos, de marzo, que leva 209 visitas. Facendo introspección, coido que esta entrada plasma perfectamente na escrita o que adoito facer oralmente.
Este top 3 cumpre ademais que son as únicas entradas que pasaron de 200 visualizacións. Outras 13 entradas pasan das 100 visualizacións e as restantes 16 teñen menos de 100, ata un mínimo absoluto de 68, sorprendentemente a primeira entrada do 2021, Dúas diseccións, que por certo creo que é ben bonita, demasiado difícil, talvez.
Agás esa anomalía na entrada, un podería intuír que as entradas máis vellas terán máis visitas. E certo é que algo inflúe, pero non demasiado. Observade a gráfica de visualizacións das entradas ordenadas cronoloxicamente:
Fixéchesme consultar as estatísticas do meu blog, que non miro case nunca. Só foron 12 entradas, mais a actualización da recompilación de todas as entradas.
ResponderEliminarA que menos visualizacións tivo foi 'Elementos da hipérbola', con 31, e a que máis 'Construíndo pi aproximado', con 94.
Queda claro que teño menos éxito ca ti ;)
É sinxelo de explicar: o teu blog é aínda máis nicho có meu XD
EliminarE outro factor: dás menos a vara co autobombo polas redes.
Graciñas por comentar, Paulo. E a ver cando sae o libro!
Vou ter que contratar Community Manager para o tema das redes, que é certo que non a uso demasiado (nin moitas ganas teño, a verdade). Pero é ben certo que o seu nicho non pasa dun recunchiño escuro e mal ventilado; queda claro que o motivo de seguilo mantendo non é o seu éxito.
EliminarEu tamén estou con ganas de que saia o libro, como dicía aquel, tiña que telo lido antes de publicalo. A ver se me esmero máis co autobombo.
Pois si, Paulo, terías que facer un script ao final do protocolo de construción das figuras do blog para que envíe directamente a Twitter e Facebook publicacións de autobombo ;)
EliminarMagnífico blog que coñecín no 2014!! Fabulosas cada unha das entradas que fas. Parabéns.
ResponderEliminarGraciñas, María :________________________)
EliminarDesde o 2014, manda carallo, eh.
Por outra banda, algunha que outra entrada mala teño tamén XD
Pois vouche comentar os meus números tamén. Neste último ano van de 101 para a entrada "A serie harmónica e a dos inversos dos primos" a 27 coa última entrada sobre "Viete e a ecuación de van Roomen: primeiro membro e solución". Está visto que a resolución de ecuacións de grao 45 non está entre as preferencias do público.
ResponderEliminarE que sigas moito máis tempo!
Repito o do autobombo que lle dixen xa a Ogan. O nicho é pequeno, a min non me len nin os meus compañeiros de departamento, actuais e pasados, co cal...
Eliminar