Podedes dicir que esta entrada non é exactamente matemática, pero vaia, se vedes as entradas dos dous/tres primeiros anos do blog(exemplo 1, exemplo 2) tampouco é que isto fose Gaussianos.
Porén, isto é tan fermoso que non podía reprimirme.
Veña, sen máis dilación, que é isto?
Que blogger poña embaixo das fotos "Engadir lenda" neste caso cobra máis sentido |
Pero esta adiviña tamén ten un aspecto matemático, relevante para a docencia en secundaria:
Unha vez que xa saibades de que vai o conto, hai algunha outra visualización axeitada para representar os datos? Que parámetros estatísticos contarían a historia tras estas gráficas?
Se acertades a adiviña e estades interesados, xa porei a fonte das gráficas.
Por dicir algo, semella que esas táboas reflexan a evolución das notas en cada avaliación de diferentes grupos de estudantes nunha materia ao longo da súa etapa escolar (primaria e secundaria) e pode que universitaria. Na última táboa a partir fila seis deixan de aparecer datos, polo que se cadra os estudantes da fila 7 en adiante non continuaron a súa formación nesa materia concreta. As cores clasifican por intervalos as notas de cada alumno nesa materia. O máis seguro é que todo o dito anteriormente sexa unha parvada.
ResponderEliminarPor todos os deuses, dinos que significan!!
Non.
EliminarA ver, que feixe de datos sería, non? E os números de ringleiras e columnas, que significarían? Porque non teñen que ver co contido das celas, iso vese ben.
Só unha pista/aclaración: NON TEN NADA QUE VER CO ÁMBITO ESCOLAR
Xa dicía eu, a miña interpretación non daba cabida a algo fermoso.
ResponderEliminarEntón trátase de algo fermoso e relevante para a docencia en secundaria...a ver se se me ocorre algo 🤔.
Non, non, expresei mal. A min paréceme fermoso, xa simplemente o aspecto visual, sinceramente, pero tamén o contido. Pero relevante para a docencia non é.
EliminarOk...a verdade é que visualmente molan moito, especialmente a última. Por certo, esta mesma mañá déronme outra pista...así que teño ventaxa ;) Veremos a ver se me ocorre.
ResponderEliminar