6.1.22

De súpeto, 13 anos

 

Da wikipedia, Lucky Number
Tentade descifrar que sucede
no gif antes de ir á ligazón
 

Un ano máis no blog, e van 13. Ano no que a curva de entradas cambiou de tendencia: levaba 3 anos consecutivos publicando 24 entradas, que é o mínimo do blog e este aló foron 32. Tendo en conta a miña vida no mundo real xa é un número considerable, ao que non podo aspirar de xeito consistente.

Por se alguén ten curiosidade por coñecer a difusión dun blog como este, cun público obxectivo dun nicho moi concreto e relativamente reducido, velaquí:

A entrada máis visitada do ano foi O último flame co ensino das Matemáticas, única entrada de agosto, escrita co gallo da filtración do borrador do curriculum de Primaria. E leva 237 visitas.

Séguea a entrada Unha adiviña de visualización, de outubro, que tiña unhas gráficas ben bonitas(que obviamente non fixen eu). Leva 212 visitas. 

A terceira entrada máis visitada foi Exercicios tan malos que son bos, de marzo, que leva 209 visitas. Facendo introspección, coido que esta entrada plasma perfectamente na escrita o que adoito facer oralmente.

Este top 3 cumpre ademais que son as únicas entradas que pasaron de 200 visualizacións. Outras 13 entradas pasan das 100 visualizacións e as restantes 16 teñen menos de 100, ata un mínimo absoluto de 68, sorprendentemente a primeira entrada do 2021, Dúas diseccións, que por certo creo que é ben bonita, demasiado difícil, talvez.

Agás esa anomalía na entrada, un podería intuír que as entradas máis vellas terán máis visitas. E certo é que algo inflúe, pero non demasiado. Observade a gráfica de visualizacións das entradas ordenadas cronoloxicamente:

    

A media de visualizacións das entradas é 112, a mediana, 100, cunha desviación típica de case 44. Pero vaia, neste caso a gráfica xa dá rapidamente a intuición de como funciona a difusión do blog, non necesitamos a precisión numérica.

Un podería pensar que poucas visitas son para o choio que dá(aínda que habería que concretar esta idea), é inevitable caer algunha vez nisto tendo en conta que cousas teñen repercusión por aí fóra. En particular, a divulgación en castelán de ideas da época de Carlomagno como se fosen novidades xa me cheira hai tempo. Pero imaxino que o problema é que non pertenzo ao target obxectivo de tal divulgación.

Porén, visto en positivo, que unha entrada dun calquera coma min chegue a ter máis de 200 visitas, sinceramente ten o seu aquel.

Moitas grazas a tod@s.

8 comentarios:

  1. Fixéchesme consultar as estatísticas do meu blog, que non miro case nunca. Só foron 12 entradas, mais a actualización da recompilación de todas as entradas.

    A que menos visualizacións tivo foi 'Elementos da hipérbola', con 31, e a que máis 'Construíndo pi aproximado', con 94.

    Queda claro que teño menos éxito ca ti ;)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. É sinxelo de explicar: o teu blog é aínda máis nicho có meu XD
      E outro factor: dás menos a vara co autobombo polas redes.
      Graciñas por comentar, Paulo. E a ver cando sae o libro!

      Eliminar
    2. Vou ter que contratar Community Manager para o tema das redes, que é certo que non a uso demasiado (nin moitas ganas teño, a verdade). Pero é ben certo que o seu nicho non pasa dun recunchiño escuro e mal ventilado; queda claro que o motivo de seguilo mantendo non é o seu éxito.

      Eu tamén estou con ganas de que saia o libro, como dicía aquel, tiña que telo lido antes de publicalo. A ver se me esmero máis co autobombo.

      Eliminar
    3. Pois si, Paulo, terías que facer un script ao final do protocolo de construción das figuras do blog para que envíe directamente a Twitter e Facebook publicacións de autobombo ;)

      Eliminar
  2. Magnífico blog que coñecín no 2014!! Fabulosas cada unha das entradas que fas. Parabéns.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Graciñas, María :________________________)
      Desde o 2014, manda carallo, eh.
      Por outra banda, algunha que outra entrada mala teño tamén XD

      Eliminar
  3. Pois vouche comentar os meus números tamén. Neste último ano van de 101 para a entrada "A serie harmónica e a dos inversos dos primos" a 27 coa última entrada sobre "Viete e a ecuación de van Roomen: primeiro membro e solución". Está visto que a resolución de ecuacións de grao 45 non está entre as preferencias do público.
    E que sigas moito máis tempo!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Repito o do autobombo que lle dixen xa a Ogan. O nicho é pequeno, a min non me len nin os meus compañeiros de departamento, actuais e pasados, co cal...

      Eliminar