12.12.23

Outro aritgrama(máis)

 Non sei en que andaba turrando, que me veu unha idea para un aritgrama, atopei unha solución, e velaquí:

   

Como é habitual, cada letra representa unha cifra distinta, e N e S son non nulos.

Un anaco despois atopei outras dúas, coido que son tres en total. O amable lector dirá.

Como os aritgramas xa son un tipo de recreación matemática con moita tradición, non podo garantir que este non existise xa, sobre todo en inglés son consciente de que hai unha morea.

2 comentarios:

  1. Fixen trampa e tirei de linguaxe de programación... obtiven tres solucións, efectivamente :D

    ResponderEliminar
  2. Programar é boa axuda. Sen programar a ideia é pensar un SI * 7 e que produza 1, 2, 3, 4 ... final en NON. A primeira vista parece que poderían ser bos os que teñen o SI acabado en 3,6,9,2,5,8,1,4,7 mais despois daste conta que só valen os acabados en 3,6,2.

    ResponderEliminar