Loading [MathJax]/extensions/TeX/AMSsymbols.js

11.5.25

Avaliación de final de etapa

 

Perdida no pandemonium que é habitualmente o navegador do meu ordenador estaba unha lapela da web da Generalitat de Catalunya, que xa esquecera. Fun mirar, e resultou ser a páxina da Agència d'Avaluació i Prospectiva de l'Educació, que organiza aló as avaliacións de diagnóstico como as de 2º de ESO e 4º de EP que prescribe a LOMLOE. Mais esta lapela non falaba destas avaliacións, senón da Avaluació de final d’etapa ESO. Por que gardara ese separador no navegador? Foi mirar o 1º ítem e acordar rapidamente. Xa veredes vós tamén.

Tede en mente todo o tempo que esta proba se fai en 4º de ESO a comezos de abril, pouco antes que o diagnóstico de 2º ou de 4º de EP, co cal o alumnado xa está no 3º trimestre do curso, polo que no peor dos casos imaxinables, xa deu a metade dos contidos de 4º(peor dos casos=que lles dese eu clase).

Brace yourselves. The winter of our discontent is coming.

   
Baixo esta gráfica hai 4 cuestións con 4 opcións de resposta:

  1. Cantas veces lle tomaron a temperatura?
  2. Cantas veces tivo 39ºC ou máis?
  3. Os pais levan ao cativo o luns ás 15:00 ao médico. Cantas horas pasaron desde que detectaron que tiña febre?
  4. Se o cativo ten que toma un xarope cada 8 horas durante 3 días, cantas veces tomará o xarope?
A 4ª cuestión chegoume á alma aínda máis que as anteriores. Espero que a tomen como un captcha, para saber se teñen un humano diante ou algo así. As opcións de resposta que dan consisten en se os alumnos restan 8 e 3, se os multiplican, se os suman e a opción correcta. 

Dentro desta mesma actividade, incluén un novo recadro, ao que seguen outras catro cuestións:

   
  1. Cal das afirmacións seguintes é falsa? Canto máis pese o enfermo, máis medicamento toma/Canto menos pese, menos toma/Canto máis pese, menos medicamento toma/A cantidade de medicamento é directamente proporcional ao peso
  2. Canto pesa unha persoa que ten que tomar 32 ml de xarope diariamente?
  3. Nesta cuestión inclúen unha táboa coa cantidade aproximada de xarope que hai que tomar dependendo do rango de peso no que se encontre
    Se Mario pesa 22 kg e os pais seguen as indicacións da táboa, cantos ml de diferenza haberá co que debería tomar segundo a fórmula?
  4. Cada 5 ml de medicamento conteñen 105 mg de principio activo. Cantos mg de principio activo conteñen 16 ml de medicamento? 
1º de ESO vibes.

Vén a 2ª actividade, seguro que cambia o conto.

Ben, non exactamente...

    
  1. Cada escalón terá 15 cm de altura e 20 cm de ancho. Cal será o ancho da escaleira?(E poñen nunha imaxe a interrogación no que están preguntando) 
   
    1. Tamén van construír unha rampla de acceso. A porcentaxe de desnivel dunha rampla calcúlase coa fórmula % de desnivel=alturalonxitudehorizontal100 Se a rampla que constrúen ten un desnivel do 10%, que lonxitude horizontal terá que ter a rampla para superar a altura de 1,05 m?
    1. Para remodelar o tellado do mercado, necesitas coñecer a súa superficie. O mercado ten unha planta rectangular de 30 m x 100 m, e a diferenza de altura entre os puntos máis alto e máis baixo do seu tellado é de 3 m. Cal é a superficie do tellado? (O tellado ten dous lados inclinados pintados de gris na imaxe.)
      
    Neste caso é interesante ver as opcións que dan de resposta, pois deixa intuír cales son as dificultades desexables que prevé o deseñador da proba: 10032+15210032+302, 210032+152, 210032+302

    Veña, outro recadro:
       
    1. O logotipo ten un só eixe de simetría, pero que pasaría se fose un H?
       
        
      A seguinte cuestión non esaxero se afirmo que se pode facer en 6º de EP:
    2. Se a placa cadrada na que imprimen o M mide 1 metro de lado, cal é a área da letra M?
         

    3. Van colocar réplicas do logotipo polo mercado pero en placas cadradas de 25 cm de lado. Que fracción respecto á do logotipo da entrada supón a área destas réplicas?
      Con isto aprendín que setzena significa dezaseisava

      Outra imaxe, neste caso un gráfico estatístico:
         
    1. Cantas persoas menores de 30 anos participaron na enquisa?
    2. Que porcentaxe de enquisados vai dúas veces por semana ao mercado?
    3. De media, cantos días van ao mercado por semana os enquisados maiores de 50 anos?
    4. Van sortear un curso de cociña entre os enquisados. Que probabilidade ten cada enquisado de gañar o premio? As opcións de resposta neste ítem son 13,14,1100,1250
    Nova actividade, novo recadro
       
    1. Nunha partida, despois de repartir as cartas, hai un xogador cunha carta máis que o resto. Cal é número mínimo de xogadores da partida? 4, 5, 6 ou 7
    2. Noutra partida, xa repartidas as cartas, deciden que comenzará a partida quen teña o único comodín da baralla. Que afirmación é falsa? Se hai 2 xogadores, todos teñen a mesma probabilidade de comezar/Se hai 4 xogadores, todos teñen a mesma probabilidade de comezar/Se hai 6 xogadores, .../Se hai 8 xogadores, ...
       
    1. Nunha partida con 2 xogadores, entre os dous fixeron 120 puntos e o gañador fixo 32 puntos máis que o outro. Se x = puntuación do xogador gañador, cal das ecuacións seguintes permite atopar o valor de x? E as opcións son x32=120, x(x+32)=120, x+(x32)=120, x+(32x)=120
    Por se chegastes aquí e o esquecestes xa, É UNHA AVALIACIÓN PARA 4º DE ESO. Imos coa penúltima actividade. Notastes que faltaba algo? Efectivamente, cartos:

       
    1. Se alugamos un parasol 6 horas, canto pagaremos?
    2. Se ás 17:00 devolvemos un parasol e pagamos 6€, a que hora o alugaramos?
    3. Cal das gráficas seguintes representa a relación entre as horas de alugueiro e o prezo?
       
    1. Alugamos un parasol máis de 3 horas. Se T é o número de horas de alugueiro, cal dos cálculos seguintes dá o prezo? As opcións: 1,5+3(T3), 3+1,5(T3),1,53(T3),31,5(T3)
       
    1. Os octógonos regulares poden dividirse en 8 triángulos iguais. Canto miden os ángulos A, B e C destes triángulos?
       

    As opcións: (20º, 80º, 80º), (45º, 60º, 70º), (45º, 67,5º, 67,5º), (50º, 65º, 65º)
    Son eu que son un hater, ou non só no contido está mal deseñada a proba para este nivel? Por que pos na mesma opción 2 cousas absurdas, a saber, que non sexa isóscele o triángulo e que non sumen 180º os ángulos?
    1. Para saber a cantidade de tela que ten o parasol, podemos aproximar a súa superficie pola dun círculo de 0,75 m de radio. Con esta aproximación, que superficie ten o parasol?
     
    1. Nun momento do día, unha persoa que mide 1,6 m proxecta unha sombra de 1,8 m. Se o parasol proxecta unha sombra 2 m, que altura ten aproximadamente?
    2.   
      E chegamos á última actividade desta apaixonante viaxe polas matemáticas ata 2º de ESO cunha...
        
    1. Cal dos diagramas de sectores (argh) representa os votos que obtivo cada destino?
    Outro fallo de deseño de respostas?

    O de contestar nun ítem o estritamente anterior está de
    moda, pasou na nosa de 2º de ESO
    1. Sabemos que na segunda votación todo o alumnado volverá votar e que o alumnado que votou polo destino 1 ou o destino 2 na primeira votación manterá o seu voto. Dos 16 estudantes que votaron polo destino 3 na primeira votación, cantos deben votar polo destino 2 polo menos para que este sexa o destino máis votado na segunda votación? (Non se pode votar en branco.)
      

    1. Se venden todas as papeletas, cantos cartos recadarán?
    2. Da recadación, destinarán 250€ a pagar o premio do sorteo, e o resto, a financiar a viaxe. Se venden a metade das papeletas, que fracción da recadación dedicarán a pagar o premio?
    3. Finalmente logran vender 1500 papeletas. Tendo en conta que o premio se sorteará entre as papeletas vendidas, que probabilidade terá de gañar o premio un alumno supersticioso que mercou as papeletas 0007, 0077 e 0777?


    Sede sinceros: é cousa miña ou isto é unha marcianada destinada a que calquera alumno poida rebentar a proba? Cousa que non sucederá porque sempre hai certa fracción de alumnos que van pasar olimpicamente da proba.

    De que serve esta proba a un profesor de Matemáticas de 4º de ESO, dá igual que dea as A ou as B? Imaxinade que estivesen obrigados a actuar en función dos resultados destas probas, deixarían de traballar o que prescribe a lei? E aínda obviando a lexislación, deberían deixar de preparar ao alumnado para o que veña despois?

    Reviso esta proba e quedo pampo, amigos. Quedo pampo.

    2 comentarios:

    1. Isto é para maquillar os resultados! Q perda de tempo.

      ResponderEliminar
      Respostas
      1. O problema real é que o profesorado utilice estas merdas como referencia do seu traballo. Que a administración perda o tempo e nolo faga perder a nós, tristemente xa estamos afeitos...

        Eliminar