Loading [MathJax]/extensions/TeX/AMSmath.js

3.5.25

Olimpíada Matemática Galega 2025-Fase Local-4

 

O problema número 4 deste ano, se facemos caso ao articulado da lei educativa vixente, é un problema académico. Porén, eu teño as miñas dúbidas, pois a maioría dos libros de texto segue sen incluír este tipo de actividades de xeito ordinario; como moito, nas páxinas finais das unidades, como exercicios "competenciais" ou a palabra que lles dea por poñer. Lembraredes que falei destas tarefas previamente, e dunha obxección que lles poño eu(unha das que lles poño, pois teño unha sospeita máis preocupante da que aínda non escribín nunca por aquí), en Pensamento xeométrico vs. pensamento aritmético.

Problema 4

Nun xacemento romano atopouse o seguinte patrón. Espérase que sexa unha pauta de construción para as columnas das vivendas. Desexariamos analizar a secuencia:

   
a) Que forma tería a figura 4?

b) Cantas estrelas habería no paso 4? E no 5?

c) Que pasaría no paso 78?

d) Cal sería o patrón para un paso xenérico n?


E hai outro indicio de que non debe estar xeralizada a súa inclusión nas aulas: houbo moitos alumnos que preguntaron que significaba "paso xenérico", que había que facer cando preguntaban polo paso n, etc.

Imaxinades que outras cuestións xurdiron na sesión?

"J, yo la forma que veo es como la de una..."

"J, ¿qué es el paso?"

"En el paso 78 pasa que sigue lo mismo"

E coitados os que efectivamente debuxaron as 133 estreliñas que había na figura 4...

Ah, unha cousa que me gustou foi que houbo distintos xeitos de contar as estrelas no paso n, dando lugar a 33n+1 nuns casos e a 33(n-1)+34 noutros.


Como último comentario de vello rosmón, no aspecto lingüístico, o termo axeitado para o que sucede aquí é "padrón", que fai referencia a calquera modelo, etc. Mais é normal que se use patrón, tendo en conta que aparece no Decreto 156/2022, no que se establece a ordenación e curriculum da ESO(e eu mesmo cometo o erro adoito)

0 comentarios:

Publicar un comentario