Nos últimos tempos volvín ler divulgación científica, o que pode non resultar moi sorprendente se non me seguistes nunca en twitter ou agora que Elon Musk went full nazi, en bluesky:
U-OH (Vedes? Por estas cousas son hater da divulgación, e iso que esta é matemática)
— jjcanido (@jjcanido.bsky.social) Mar 29, 2025 at 19:33
[image or embed]
E tanto que volvín, que este ano 2025 van 3 libros de divulgación: Mapmatics, de Paulina Rowińska, Vector, de Robyn Arianrhod, e agora Nuestra Especie, do sempre fascinante Marvin Harris.
Non é o meu propósito comentar o libro de Harris como fixen hai pouco co de Rowinska, tendo en conta que o libro foi publicado en 1989, 14 anos despois do seu bestseller Cows, Pigs, Wars and Witches, que foi polo menos no que eu o descubrín haberá, iso si, hai "só" 30 anos. O libro cumpre totalmente co modelo do que eu entendo que ten que ser a divulgación: aprendes algo realmente léndoo (non sempre pasa, aínda que un quede coa sensación de que si), dá unha visión estruturada da disciplina/materia da que fala, e non menos importante, é divertido e está ben escrito.
Pero repito, non é ese o meu propósito, senón apuntar un erro totalmente elemental que me sorprendeu atopar. Tanto, que tiven que ler varias veces a pasaxe e botar eu unhas contas.
No capítulo Placeres furtivos (lin o libro traducido ao castelán) o autor acomete o tema da sexualidade feminina, e en particular as relacións extramaritais, comparadas coas dos homes. E menciona o único estudo (naquel momento polo menos) no que se aborda este asunto, o de 1969 de Thomas Gregor, "Social Relations in a Small Society: A Study of the Mehinacu Indians of Central Brazil".
Coa intención de rebater a Gregor e a Bronislaw Malinowski (en The Sexual Life of Savages, sobre as mulleres das illas Trobriand), que despois de presentar datos equivalentes sobre relacións en homes e mulleres, negan que a pulsión das mulleres sexa puramente sexual/hedonista, Harris mete a zoca de xeito descoidado. Observade a seguinte táboa coas relacións extramaritais dos mehinacu que presentou Gregor:
E que conclusión tira Harris dos datos?
Como apuntei antes, coido que Harris tiña tantas ganas de negar a visión dos outros antropólogos, que afirmaban que os homes tiñan pura pulsión sexual mais as mulleres ponderaban os beneficios materiais, que lle puido a paixón. Pois, se observamos esa táboa, veremos que as relacións dos homes son en total 88, e as das mulleres tamén (para iso está a función suma.produto da folla de cálculo, amigos), é dicir, que só se contabilizaron relacións heterosexuais, polo que, Marvin Harris, LOXICAMENTE vai ser maior a media das relacións das mulleres, QUE SIMPLEMENTE SON MENOS. E aínda por riba, exclúe as que non tiveron relacións, POIS PEOR HOME, PEOR.
Non me resisto a compartir a explicación que dá o tal Gregor sobre as mulleres que non tiñan relacións, que continúa o parágrafo anterior:
Se o obcecado son eu, benvido o amable lector que me faga ver o asunto desde outra perspectiva.
0 comentarios:
Publicar un comentario