21.2.26

Dúas diseccións, unha vella e unha nova

 

Onte varios alumnos remataron un exame con bastante antelación, polo que acabei entrando aquí, na etiqueta Disección, para poñer algún problema que non precisase de moito enunciado. E a primeira entrada que sae nesa etiqueta é Catro novas diseccións, onde compartín catro problemiñas inventados por min. E pensei en crear algunha nova, polo que abrín o Polypad one more time e tardei un bo anaco en atopar algunha idea que me dese convencido. Porén, como tamén vin hai pouco unha interesante nun libro dun dos Grabarchuk, veño con dúas diseccións para engadir ao almacén. Obviamente é mellor a outra, xa podedes imaxinar, pero chanto antes a miña:


   

Dividide a figura anterior en 7 figuras co mesmo tamaño pero forma distinta.

Non fixen as variacións, mais coido que o periscopio ese pode cambiar de sitio e aínda habería problema para resolver.



   

Divide a figura anterior en tres partes congruentes.

Como son boa persoa, coméntovos que nese "congruentes" hai que entender que falamos de pezas sólidas, que podemos xirar no espazo.


Se outro día, xogando co Polypad, atopo algo potable, hei volver por aquí.

0 comentarios:

Publicar un comentario