Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Yoshigahara. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Yoshigahara. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

26.12.25

Dous rápidos para despois da enchenta

 

Choutando pola rede dei con outras ideas que non coñecía do grande Nob Yoshigahara, do que compartín dous problemiñas hai só catorce anos.

E das ducias que podería traer hoxe, escollín só dous que entran dentro da categoría do que Lewis Carroll chamaría (dun xeito demasiado optimista na miña opinión) problemas de almofada.

O primeiro, aritmético, si creo que se pode resolver de cabeza:

É sabido que os díxitos do 1 ao 9 cumpren que

$$1+2+3+4+5+6+7+8+9=45$$

e

$$1\cdot 2 \cdot 3\cdot 4 \cdot 5 \cdot 6 \cdot 7 \cdot 8 \cdot 9=362880$$

Pois ben: existe outra posibilidade para 9 números cunha soa cifra que sumados dean 45 e multiplicados 362880? Obviamente, pódense repetir, se non, non habería problema.

No 2º problemiña coido que é sinxelo adiviñar a solución, mais é destes problemas dos que sorprende como asolaga a mente cando tentas desenguedellalos, de camiño á solución(será iso que chaman a memoria de traballo?)

ABCD é unha longa folla rectangular de papel. Cando a dobramos ao longo de EF, AB cae enriba de A'B', e a distancia entre A'B' e CD é 2 centímetros:

   

Pero cando dobramos a folla ao longo de GH, con CD caendo enriba de C'D', a distancia entre C'D' e AB tamén mide 2 centímetros;

   
Adiviñades a pregunta?

Si?

Velaquí:

Cal é a distancia entre EF e GH?


Se quedou un oco despois dos polvoróns, xa tedes algo para ocupalo. 

21.10.11

Números do 1 ao 10

Estaba a revisar o libro Puzzles 101 de Nob Yoshigahara cando atopei este pequeno problema, que adapto aquí (para que sexa un pouco máis sinxelo):

Nos seguintes triángulos os números están colocados de tal xeito que o número de cada círculo é a diferenza entre os números dos dous círculos situados xusto enriba. No 1º triángulo, 3 - 1 = 2. No 2º, 6 - 5 =1, 6 - 2 = 4, 4 -1 = 3.



O desafío consiste en facer o mesmo cun triángulo cunha ringleira máis, cos números do 1 ao 10.

28.1.11

Un problema xeométrico




Nob Yoshigahara



Es quen de dividir a figura de máis arriba en 4 anacos iguais? E en 3?