10.3.09

Cuadrícula


Na cuadrícula da figura, con 150 columnas e 150 ringleiras, fixemos o seguinte:
Na ringleira 1, tódalas celas están sombreadas.
Na ringleira 2, cada segunda cela está sombreada (a 2ª, a 4ª,...)
Na ringleira 3, cada terceira cela está sombreada (a 3ª, a 6ª, a 9ª,...)
...
O sombreado continúa deste xeito.

Que columna ten o maior número de celas sombreadas?

10 comentarios:

  1. creo ca última columna pero tamen que hai columnas que teñen o mesmo número de celdas sombreadas que esta última

    ReplyDelete
  2. Pensa nas columnas do Partenón: van do chan ao teito. Ves agora o erro?

    ReplyDelete
  3. A 76 só ten 6 celas sombreadas e por exemplo a 24 ten 8...

    ReplyDelete
  4. Pode ser a 108? ou se non a 110?

    ReplyDelete
  5. A 108 ten 12 e a 110 só 8. Non che podo dicir en que columna hai máis celas sombreadas que na 108 pois só hai unha, que loxicamente é a solución. Pero por exemplo a 150, a 72,a 60, a 90 ou a 96 tamén teñen 12 celas sombreadas.

    ReplyDelete
  6. a columna 112?

    ReplyDelete
  7. A 112 ten 10... Mañá ou pasado porei outra pista, a ver se é suficiente.

    ReplyDelete