25.5.09

Seguimos?








A verdade é que, co éxito dos últimos problemas, non sei se continuar poñéndoos. Quizais deba seguir, aínda que sexa para que queden no limbo de Blogger.
Hoxe porei un xogo que, xa vai máis dun ano, utilizaba o exército sueco como reclamo para atraer novos reclutas.
O xogo está feito co Flash, así que como é un pouco enleado colgalo nun blog de Blogger, mellor póñovos o enlace onde o vin eu, como tantas veces, no excelente blog Acertijos y más cosas, en concreto nesta entrada. Despois de facelo e que vos diga que porcentaxe de xente tardou máis que vós, poderedes continuar os tests de acceso ao exército sueco (nunca hai que pechar unha porta, quen sabe)

Por certo, a igualdade que aparece na imaxe detrás de Homer non é certa. Nin sequera é necesario comprobala, pois se fose certa, o Teorema de Fermat sería falso, e a demostración de Andre Wiles e Richard Taylor de 1994 iría directa ao tacho.

E finalmente un problema non matemático, ademais de ben coñecido entre os afeccionados aos problemas de lóxica e pensamento lateral:

Tedes estes seis vasos, tres baleiros e tres con auga. O obxectivo é, movendo un único vaso, acadar que os tres vasos de auga estean xuntos e os tres vasos baleiros tamén. Good luck!


4 comentarios:

  1. Vaciar el 2 en el 5.
    cts

    ReplyDelete
  2. Ei, coidado, que volve Cutús! Sempre é agradable verte por aquí.
    E a resposta, como sempre, perfecta.

    ReplyDelete
  3. tampoco es que fuese de dejarse la cabeza clavada en la pantalla, ponlos mas dificiles

    ReplyDelete
  4. Pero hai un pequeno problema, se os poño máis difíciles xa nin os mirades vós, que sodes os principais destinatarios do blog. Pero vale, vale, xa porei un difícil, heino buscar na miña colección de problemas de olimpíadas matemáticas. Vas ver. Pero despois do partido do Barça.

    ReplyDelete