10.12.09

Problemas, máis problemas...

Pero non moi difíciles, que isto non é o exame de 2º de E.S.O. que vou poñer mañá (lédeo con risa maquiavélica):

  • Es quen de conectar 12 destes puntos formando unha cruz de tal xeito que queden 5 puntos dentro da cruz e 8 fóra dela?




  • Podedes atopar dous números naturais que cumpran as seguintes condicións:
  1. A diferenza dos seus cadrados é un cubo perfecto.
  2. A diferenza dos seus cubos é un cadrado perfecto.

  • Na seguinte estrela hai 12 puntos unidos por 6 rectas con 4 puntos cada unha. Move 4 deses puntos de tal xeito que na figura resultante haxa 7 rectas con 4 puntos en cada unha:



A ver se alguén fai algún problema!

2 comentarios:

  1. a b a b a
    b c b c b
    a b c b a
    b c b c b
    a b a b a
    Las b forman la cruz, a quedan fuera y c dentro.
    cts

    ReplyDelete
  2. Moi ben. Era sinxelo, non?
    É curioso como queda este comentario na columna da dereita.

    ReplyDelete